Prosegue Mares da Fin do Mundo con máis filmes sobre a crise da pesca e o marisqueo e a desaparición dos sectores tradicionais

13 Decembro 2025

Este venres 12 de decembro desenvolveuse a terceira xornada da VIII Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar no concello de Rianxo ata o domingo 14. A xornada comezou ás 11:00 h co segundo pase da Sección Infantil, no que alumnos do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e do CEP Xosé María Brea Segade de Rianxo puideron ver as cinco obras que forman a sección. Por mor do anuncio da Xunta de Galicia de condicións meteorolóxicas adversas cancelouse a seguinte actividade programada, o roteiro divulgativo Achegamento ao marisqueo a pé, unha actividade na
que estaba previsto que representantes da Agrupación de Mariscadoras a pé da Confraría Virxe do Carme de Rianxo fixesen unha demostración do proceso extractivo do marisco.

A xornada continuou pola tarde coa proxección dun novo bloque de Competición Oficial, no que se proxectaron tres filmes. Headland, de Mariana Duarte (Reino Unido, 2024), trasladounos a unha reserva natural da Canle da Mancha, ofrecendo unha mirada íntima que entrelaza a tradición dos rescates marítimos cos recentes cruzamentos do Canal, tal como os presencian os últimos pescadores de Dungeness. O segundo filme deste bloque
foi Beneath Which Rivers Flow, de Ali Yahya (Iraq, 2025), ambientada nas marismas do sur de Iraq, que documenta a ameaza que a seca representa para o modo de vida de Ibrahim e a súa familia. Rematou o bloque co filme The granny & Fishes de Maria Mavati e Ehsan Farokhi Fard (Irán, 2024), que narra a historia dunha muller que sobrevive arredor da lagoa Hamun, que era unha zona próspera e agora é un ermo desolado.

Deseguido, inaugurouse un novo apartado competitivo: a Sección Galega. Dividida en dous bloques, o venres á tarde proxectábanse tres filmes. Abríase con Mexillonaria, de Pablo Chouza (Galicia, 2024), un título que documenta o punto de inflexión que significou a chegada das primeiras bateas á ría de Arousa alá polo 1945, convertendo unha actividade rústica e primaria no motor económico de moitas localidades costeiras. As voces do mar, de Javier Lorenzo (Galicia, 2024), narra os esforzos para rescatar unha embarcación tradicional desaparecida dende os anos 50, a gamela de Cambados. Pechou o bloque aMar, de Lorena do Merlo (Galicia, 2024), unha obra que amosa a pesca do cerco na localidade de Portosín a través dos patróns da zona e das súas familias.

Unha exposición fotográfica xurdida no marco deste último filme poderá verse no Auditorio de Rianxo ata o domingo 14. Lorena do Merlo estivo presente para introducir o filme e participar nun coloquio posterior co público.

Como peche desta terceira xornada da Mostra, o público asistiu ao cuarto bloque de Competición Oficial, coa proxección de tres novos filmes. Abreu The Herring Queen, de Eilidh Munro (Reino Unido, Escocia, 2025), unha obra que mostra os efectos da crise climática global e como afectan á subsistencia, á comunidade e á saúde mental nun pequeno pobo pesqueiro de Escocia, a través dunha particular e tradicional festividade local. Continuou con Coral City, de Cammile Ghekiere e Charlotte de Cort (Bélxica/Sri Lanka, 2024), que narra a expedición da científica Kushlani Dissanayake polas augas de Sri Lanka para reunir información que permita protexer os arrecifes de coral da súa desaparición. Pechou o día a proxección de Aiguallum Lamparo, de David Tena (España, Cataluña, 2024), unha obra que documenta unha tradición ancestral de pesca no nordeste do Mediterráneo a través do traballo da embarcación Vento do Norte, que hoxe sigue viva gracias ao traballo de migrantes magrebís que lle dan continuidade.

A Mostra Internacional de Cinema Documental está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...