Preto de 200 persoas participan na primeira Papanoelada Ciclista de Padrón

27 Decembro 2025

Preto de 200 persoas participaron esta mañá na primeira edición da Papanoelada Ciclista de Padrón, unha cita deportiva e festiva que reuniu persoas de todas as idades, con numerosas familias entre os asistentes. A actividade desenvolveuse nun ambiente marcado polo frío propio destas datas, pero cun sol que acompañou durante toda a xornada.

Os disfraces e atuendos típicos do Nadal puxeron a nota de cor e animación ao evento, reforzando o seu carácter lúdico e festivo. As persoas participantes percorreron distintas paraxes do municipio padronés nun itinerario de arredor de 9 quilómetros, con saída e chegada no Espolón.

Ademais, os máis pequenos e pequenas puideron gozar dunha xincana infantil que deu dúas voltas ao paseo, permitindo tamén a súa participación activa nesta xornada.

Ao remate da Papanoelada, tivo lugar unha chocolatada con rosca para todas as persoas ciclistas, que serviu para entrar en calor e recuperar forzas. Así mesmo, celebráronse distintos sorteos de agasallos relacionados co mundo da bicicleta, doados polo Club Ciclista Padronés Cortizo, así como dunha cesta de Nadal ofrecida pola empresa de telecomunicacións Fibritel.

O Concello de Padrón quere agradecer a colaboración da Policía Local e de Protección Civil, que acompañaron a proba e traballaron para garantir o bo desenvolvemento da actividade e a seguridade de todas as persoas participantes.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.