
Este luns 29 de decembro a Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) celebrou un novo sorteo semanal dos incluídos esta tempada na súa Campaña de Nadal, no que repartiu 1.000 euros e 10 entradas para a pista de xeo habilitada no porto pola patronal de empresarios, comprobando unha vez máis a boa resposta da cidadanía ao longo de toda a iniciativa.
De feito durante a semana previa ao sorteo a asociación rexistrou 3.512 tíckets, unha cifra que, segundo fixo saber a AER, “demostra que a participación segue sendo moi elevada e que a campaña continúa contando co respaldo do comercio local e das persoas consumidoras nestas datas tan sinaladas”.
Ademais, a entidade lembrou que o día despois de Reis Magos (día 7) celebrarase o último gran sorteo, “no que repartiremos 2.000 euros, polo que animamos á clientela para seguir rexistrando as súas tíckets e aproveitar esta última oportunidade”, explicaron.
Gañadores e establecementos
1 vale de 200 €
Jacobo García – Leif Store
3 vales de 100 €
Tamara Sampedro – BioHabitat
Mary Miranda– Miradoiro Ópticos
Marisa Folgar– O Capricho
10 vales de 50 €
Que tocaron nos establecementos: HeartBeat, Alba Santos Salón de Beleza, Black Estévez, Lápices de Colores, Podium Sport, Greco, Folder, Gena`s, Arcos Café.
10 entradas dobres para a pista de xeo de Ribeira
Que tocaron nos establecementos: Xamonería Nordeste, Lencería Vensuca, Marlú, Lolita Moda, El Rincón del Chocolate, A Fiestra, Marlem Kids, Podoloxía Santa Uxía, Ópticalia, Calzados Horacio .



