O voluntariado fluvial regresa ao ríosTins cunha nova xeira de plantación de autóctonas o luns 15

10 Decembro 2025

O vindeiro luns 15 de decembro retómanse as plantacións de frondosas autóctonas como parte das intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes. Desta volta as persoas participantes plantarán carballos e freixos, árbores frondosas propias dos bosques de ribeira, a carón do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano da Serra de Outes. A acción está aberta ao público e xa está confirmada a participación de varias integrantes da asociación inclusiva comarcal ADISBISMUR.

Na xornada da próxima semana tamén se construirá un hibernáculo, refuxio de réptiles deseñado para resgardar as poboacións presentes na beira do Tins. En paralelo, consolidarase o proceso de eliminación de especies exóticas invasoras presentes na zona, descascando rebrotes de acacia negra.

Pódese apuntar calquera persoa e de calquera idade enviando un email a info@montescola.org ata o domingo 14. Os traballos comezarán ás 10:00 e seguiranse ata as 13:30 aproximadamente, aproveitando a xornada para continuar coa eliminación simultánea de especies exóticas invasoras como a tradescantia ou crocosmia. O punto de encontro será a Casa da Cultura de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.