O PSdeG fai unha proclama para participar na mobilización contra Altri deste domingo en Santiago

12 Decembro 2025

O PSdeG participará este domingo, 12 de decembro, na manifestación contra a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A dirección do partido vén de convocar á militancia para que se sume á mobilización que partirá da Alameda compostelá ás 12.00 horas.

A través dun comunicado, a secretaria de Organización, Lara Méndez, insta a todos e todas os socialistas a sumarse ao que será “un novo exercicio de dignidade colectiva diante dun modelo industrial que non responde nin ás necesidades do país nin ás demandas sociais” para impulsar un desenvolvemento sustentábel. Nel insiste en que o Partido Socialista de Galicia “estará, coma sempre, onde estea Galicia cando se defende o interese común, o territorio e os empregos dignos”, e en que o PSdeG “cre na industria, na ciencia e na innovación, pero tamén nun desenvolvemento que respecte a saúde pública, a auga, os montes e a biodiversidade”, xerando para o territorio “valor real”.

Méndez alerta dos efectos dun modelo de megaproxectos “sen retorno social suficiente, de forte impacto ambiental e sen garantías claras” que defende a Xunta, un modelo que “no é o que Galicia merece. Fronte a el, o Partido Socialista aposta por unha economía “verde, moderna e sostible” que cree emprego de calidade “e non hipoteque o futuro”.

O PSdeG lembra que os e as socialistas foron quen levaron o proxecto de Altri “ao punto morto no que se atopa”, e reclama agora que a Xunta o rexeite “de maneira definitiva”. Por iso, a secretaria de Organización chama a toda a militancia a estar “ao lado da cidadanía e do territorio, defendendo unha Galicia que avance sen destruír os recursos”.

Por outra banda, a próxima semana, o Grupo Socialista levará ao pleno do Parlamento de Galicia unha iniciativa na que insta ao Goberno de Rueda a que, “de forma inmediata”, denegue a Altri a instalación da planta en Palas de Rei. Defenderaa a deputada Patricia Iglesias.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.