O escritor muradán Samuel L. París participa nun roteiro literario pola súa vila, este domingo a partir das 9.00 horas

12 Decembro 2025

O Roteiro Literario Os muros son coitelas, guiado polo escritor muradán Samuel L. París, forma parte dunha iniciativa da AELG (Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega) que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos.

Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

– O roteiro terá lugar o domingo 21 de decembro, a partir das 09:04 horas da mañá, en Muros.

– Hai un total de 15 prazas. A inscrición, de balde, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o nome. Na resposta a ese correo electrónico indicaráselles ás persoas inscritas o punto de saída.

En palabras do autor, “na mañá máis desesperanzadora, no día máis curto e cando xa nada importa; a luz sempre regresa. Percorrido pola desmemoria persoal que habita espazos e poemas, nunha fuxida que nos constrúe e nos derrota. Iso si: haberá café”.

A actividade conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Muros.

Máis información na web da AELG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.