O Concello de Ribeira solicita a Correos a cobertura da praza do carteiro en Carreira

12 Decembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, remitiu unha carta a Correos para solicitar a cobertura do carteiro ordinario que traballaba na parroquia de Carreira. Explica a rexedora que “se ben existe o reparto de paquetería, a entrega da correspondencia está actualmente adscrita á carteira de Aguiño, un feito que está a xerar atrasos na recepción das misivas provocados pola acumulación de traballo ante a ausencia dunha persoa que cubre a vacante de Carreira”.

Engade a alcaldesa que “ante un mundo cada vez máis dixitalizado, esta parroquia está composta principalmente por xente maior, para as que o correo tradicional segue a ser de vital importancia na súa vida diaria”, o cal motiva que “é o meu deber velar polo dereito que teñen todas as persoas do meu municipio a desfrutar dos mesmos servizos”.

Deste xeito, a mandataria local incidiu na importancia de que o organismo reconsidere a súa decisión e cubra a vacante cunha persoa que reparta o correo ordinario de maneira asidua para restablecer un servizo básico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.