O Concello de Ribeira reforza a axuda social coa entrega de alimentos a Cáritas e ICE Renovación

23 Decembro 2025

O Concello de Ribeira realizou a entrega de alimentos non perecedoiros destinados a dúas entidades sociais que desenvolven o seu labor no municipio: Cáritas e ICE Renovación. Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar o respaldo da Administración local a ambas entidades para apoiar, especialmente nestas datas, ás persoas en situación de vulnerabilidade.

A través da Concellería de Servizos Sociais, o Concello investiu máis de 4.000 euros na adquisición de alimentos básicos como galletas, aceite, fariña, leite, pasta ou arroz, co fin de reforzar os bancos de alimentos destas organizacións.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, sinalou que “a maiores da axuda que prestamos directamente dende o Concello, queremos tamén reforzar os bancos de alimentos de dúas entidades de encomiable labor no noso municipio como son Cáritas e ICE Renovación, especialmente nestas datas, e axudar así con algo tan esencial como é a alimentación a persoas en situación de vulnerabilidade”. Sampedro puxo ademais en valor “a vital importancia que ten o noso tecido asociativo neste ámbito”.

No mesmo sentido pronunciouse o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, quen destacou que esta actuación “dá continuidade a unha colaboración con dúas entidades que son importantísimas para establecer sinerxías coa Administración local e amplificar a capacidade de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

Con esta acción, o Concello de Ribeira reafirma o seu compromiso coa atención social e co apoio ás entidades que traballan de maneira directa coas persoas que máis o precisan.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...