O Concello de Ribeira avanza na implantación do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino para asegurar os fondos europeos

30 Decembro 2025

O Concello de Ribeira remata o ano 2025 sacando a licitación varios proxectos en materia de infraestruturas e servizos. Segundo o balance do equipo de Goberno, nos últimos meses publicáronse no Perfil do Contratante un total de dez licitacións por importe superior aos 850.000 euros. Entre elas, atópanse dous proxectos que saíron a licitación nas últimas semanas por un total de 192.047,02 euros para avanzar no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino cara a revitalizar espazos do municipio con interese cultural, patrimonial e paisaxístico, situándose todos eles ao longo do seu litoral. En concreto, son a creación dun miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro e a restauración do Lavadoiro da Penisqueira.

A alcaldesa, María Sampedro, remarca que “pisamos o acelerador na implantación do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino no noso municipio, pois é necesario para sacar adiante actuacións que están financiadas ao 100% por fondos europeos. Este é un exercicio de responsabilidade. Tamén é o noso deber aproveitar os recursos existentes que redunden nunha mellora da calidade de vida dos nosos veciños, ben sexa a nivel de servizos ou de infraestruturas. Non imos poñer en risco fondos que traian melloras para Ribeira por cuestión de tempos. Logramos avanzar no PSTD en prazo e forma”.

A isto engade que “non imos comprometer as arcas municipais e, polo tanto, o peto dos nosos veciños como sucedeu coa subvención de 1,6 millóns de euros, pois no seu momento o proxecto de apoio á actividade económica en zonas turísticas deixando un 40% do mesmo sen materializar e, polo tanto, perdéronse os fondos”.

No que se refire á evolución que supón o PSTD, a mandataria local incidiu en que “é importante poñer en valor puntos con potencial turístico ao mesmo tempo que se revitaliza e contribuímos á preservación de parte do noso patrimonio, desta vez, o que está localizado na costa e que reforza o noso vínculo co mar como mariñeiros que somos. Polo tanto, protexer e salientar estes lugares é tamén poñer en valor parte da nosa identidade, especialmente, cando nos referimos a Punta do Castro, o Lavadoiro da Penisqueira ou a nave de Cerqueira”.

Punta do Castro e Penisqueira

O deseño e construción dun miradoiro punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro está orzamentado en aproximadamente 143.848,54 euros. O deseño propón revitalizar a antiga fábrica de salgadura e consolidar a edificación existente, ademais de colocar unha serie de estruturas de balancín que se erixan como un miradoiro, reforzando o vínculo do inmóbel co mar. Preténdese así reproducir o mecanismo que se identifica coa industria da salgadura de mediados do século XIX. As obras deberán estar executadas nun prazo de tres meses dende a adxudicación do contrato. As empresas interesadas aínda dispoñen ata as 23.59 horas do 2 de xaneiro de 2026 para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

No que respecta ao Lavadoiro da Penisqueira, os traballos contan cunha asignación de 48.198,54 euros, para a recuperación e posta en valor deste elemento patrimonial debido á acción do mar e demais efectos climatolóxicos. A actuación consiste na roza da vexetación da contorna, a renovación do conxunto de canalizacións que subministran de auga a instalación, o repicado dos muros de cachotaría de granito, a formación de fondo do lavadoiro e estanque con morteiro de cal hidrófugo, e o acondicionamento manual das pezas deterioradas e disgregadas pola erosión. A maiores, contémplase a execución dunha zona de miradoiro mediante unha pequena grada de pedra, ademais de habilitar un sendeiro con pavimento de pezas de granito que conecte co camiño público lindeiro. O prazo de execución das obras será de dous meses dende a adxudicación, pendente de formalizarse.

Outros proxectos

Enmarcado no PSTD, hai outros tres proxectos en fase de tramitación: a compra da nave de Cerqueira; o deseño e implantación da Plataforma Smart “Destino Intelixente”; e unha última intervención que se anunciará a principios de ano. E, aínda que non está ao abeiro do PSTD, pero si conta con financiamento doutro organismo, o Concello atópase traballando na redacción dun proxecto de carril bici entre As Saíñas e o cemiterio municipal de Palmeira, cun investimento de arredor de 600.000 euros, dos cales o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aporta o 90% dos fondos. Contempla a implantación da senda ciclista a carón da AC-305, con varias estacións de reparación e aparcabicis.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...