O Concello de Rianxo confirma que vai rematar o ano con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas

22 Decembro 2025

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, quixo rematar o ano facendo balance da súa actividade municipal en 2025, un ano que segundo salientou o rexedor, veu cargado de proxectos moi relevantes para o concello que non só confirman o compromiso do Goberno local coa cidadanía da vila rianxeira e das parroquias, senón tamén a recuperación económica e demográfica do municipio. No balance, reflectido polo propio alcalde nas redes, faise saber que o Concello rematou 2025 con máis de un millón e medio de obras licitadas e executadas.

Trátase, recordou, “dun importante esforzo investidor que se suma ao do ano previo e que nos sitúa, nesta altura da lexislatura, por encima dos 3 millóns de euros en obras licitadas e executadas”.

O alcalde Julián Bustelo enumerou algúns dos proxectos xa executados ou iniciados este ano e que estarán en execución nas próximas semanas:

-Ampliación de redes de saneamento e abastecemento en Meiquiz e Or (Leiro) – 208.785,50€.

-Renovación completa do firme da vía de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña) – 102.952,85 €.

-Proxecto de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga entre os núcleos de Corques e Outeiro (Taragoña) – 90.713,70€.

-Segunda fase do proxecto para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados) – 194.386,50€.

-Ampliación das redes de abastecemento e saneamento no núcleos de Villanustre (Asados) – 194.386,50€.

-Mellora do sistema de iluminación do parque empresarial de Rianxo – 39.862,40€.

-Renovación do sistema de iluminación e mellora enerxética do campo de fútbol municipal da Lomba (Taragoña) – 59.971,84€.

-Proxecto para reducir o consumo enerxético no edificio dos Servizos Sociais – 66.235,40€.

-Renovación de instalación e mellora da accesibilidade no Cuartel Vello de Rianxo – 48.236,65€.

-300.000€ en asfaltado de diferentes vías municipais en varios núcleos.

-Ampliación da rede municipal de saneamento en Tronco (Rianxo) – 208.785,50 euros.

-Proxecto técnico para a construción do centro de día nas dependencias do Pazo de Rianxiño – 172.788 euros.

Ademais, a estes proxecto sumaráselles axiña o cambio da totalidade das luminarias do paseo marítimo, unha obra que conta cun orzamento de 80.000€, así como o proxecto para a mellora da iluminación no conxunto da vila, unha actuación que conta cun orzamento de 547.364,30€.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.