O Concello de Outes asume a xestión do edificio de deportes náuticos do peirao do Freixo

03 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou mércores 3 de decembro o porto do Freixo, en Outes, onde informou “que Portos de Galicia pon a disposición dos concellos costeiros galegos ata 37 instalacións destinadas a realizar actividades náutico deportivas, como acontece no porto do Freixo, onde o ente que depende da Consellería do Mar e o Concello de Outes colaboran para impulsar esta práctica”.

Villaverde, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e polo alcalde de Outes, Francisco Calo, achegouse ao edificio de deportes náuticos do peirao, construído en 2011 polo ente público cun investimento de 500.000 euros e cuxa xestión asumirá de novo o Concello nas vindeiras semanas a través dunha concesión.

A conselleira dixo que “o Concello de Outes xestionou o edificio desde a súa construción ata 2024, cando venceu a concesión anterior, sen que a Administración local pedise a súa renovación”. Engadiu que “en maio deste ano o Concello de Outes iniciou de novo o trámite de solicitude de concesión a Portos de Galicia para recuperar a actividade náutico deportiva no inmóbel”.

O ente público outorgará o título administrativo que así o habilita con exención total das taxas, tal e como recolle a lei, ao tratarse dunha Administración local que desenvolverá actividades sen ánimo de lucro.

A concesión de Portos de Galicia permitirá que o edificio, de 550 metros cadrados e deseñado para a actividade deportiva, volva albergar usos de escola de vela e sede e centro de adestramento de piragüismo, entre outros. Deste xeito, a Consellería do Mar contribúe a fomentar os deportes acuáticos nas instalacións portuarias autonómicas.

37 instalacións para piragüismo, remo e vela

A conselleira engadiu que Portos de Galicia, a día de hoxe, dispón de 37 instalacións en 28 municipios costeiros destinadas ao piragüismo, remo e vela; deportes que suman en Galicia máis de 7.000 persoas federadas. Así se recolle no informe presentado por Mar ao Consello da Xunta que contempla que, en máis dos 75 % dos casos, as concesións ou autorizacións que rexen sobre estes espazos non implican pago de taxas pola ocupación do terreo ou benefícianse de bonificacións do 90 % do importe.

As 37 instalacións referidas, situadas en 30 peiraos de titularidade autonómica suman unha superficie total de 37.400 metros cadrados e dan servizo a máis 2.000 piragüistas, 2.800 remeiros e 2.300 velistas. Entre elas figuran tanto as asentadas en terra, como edificios, naves, almacéns, vestiarios ou casetas, como as da lámina de auga, fundamentalmente pantaláns e pasarelas.

Durante a súa visita ao Freixo, a conselleira do Mar anunciou tamén que Portos de Galicia ten prevista a pavimentación do viario portuario así como a renovación dos firmes esgotados na contorna da dársena, dentro dos seus orzamentos para 2026. O investimento previsto para esta actuación é de 80.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.