O Concello de Boiro celebra os días 13 e 14 de decembro a XXI edición da exposición da Camelia Sansanqua e outras

09 Decembro 2025

O Concello de Boiro celebra os días 13 e 14 de decembro a XXI exposición da Camelia Sasanqua e Outras, que se desenvolverá no local multiusos do Mercado Municipal de Boiro.

O programa de actividades comezará o sábado 13 de decembro coa plantación dun exemplar de camelia sasanqua ás 17.00 horas no Pazo de Goiáns e o acto inaugural terá lugar no local multiusos do mercado municipal coa participación da Escola de Música de Boiro ás 17.30 horas.

A mostra estará aberta o sábado dende o acto inaugural ata as 20.00 horas e o domingo en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. O domingo haberá unha exhibición da agrupación de Palilleiras Revolteir@s que estarán na exposición de 11.30 a 13.30 horas e pola tarde actuación de Paco Nogueiras C@nto contigo para público familiar ás 17.30 horas.

Durante toda a fin de semana haberá unha exposición de Rosa Crespo Pintando y disfrutando entre camelias e postos de artesanía como Artesanía Mosaico en Caços de Portugal, Orfebrería Hedra de Vilaboa, e Flor de Camelia Licores de Camelia de Portugal.

Van participar nesta exposición un total de 33 expositores de Galicia, Asturias e tamén Portugal, que completarán un total de 51 metros de flor onde haberá diversas variedades de camelia sasanqua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.