O BNG aborda coa veciñanza de Carreira os investimentos realizados e as necesidades pendentes

17 Decembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego celebrou este 16 de decembro en Carreira unha nova xuntanza aberta coa veciñanza no marco da iniciativa Parroquias con voz, un calendario de encontros destinados a achegar a política municipal á cidadanía e a escoitar directamente as súas demandas. Esta terceira xornada volveu rexistrar unha elevada asistencia, consolidando o interese veciñal por participar nestes espazos de diálogo.

O encontro serviu para facer balance da xestión desenvolvida nos últimos dous anos e medio, explicar con detalle os investimentos executados na parroquia e dar conta dos proxectos xa programados. A veciñanza tivo tamén a oportunidade de trasladar propostas e necesidades que afectan ao seu día a día.

Na reunión participaron o portavoz municipal e exalcalde, Luís Pérez Barral, acompañado por concelleiras do grupo municipal e pola responsable local do BNG. Durante a súa intervención, Pérez Barral destacou a implicación da veciñanza de Carreira, sinalando que “a participación demostra que hai interese e compromiso coa mellora da parroquia”, e subliñou a importancia de manter espazos de diálogo directo que permitan “explicar con transparencia o traballo feito e construír propostas desde abaixo”.

Durante a xuntanza abordáronse cuestións como a mellora da seguridade e da ordenación viaria, a necesidade de habilitar máis zonas de estacionamento ou a mellora de infraestruturas públicas, demandas recorrentes entre os veciños e veciñas.

Máis de 1,3 millóns de euros en investimentos

Ao longo do encontro realizouse un repaso polo conxunto de investimentos executados en Carreira, que superan os 1,3 millóns de euros. Entre as actuacións destacadas atópanse a finalización do centro social tras máis de 13 anos de espera, a dotación de redes de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais, a pavimentación de camiños, a renovación de espazos públicos e deportivos, así como a creación da casa de acollida da Garita e melloras no campo de fútbol da Guía.

Segundo explicou Pérez Barral, tamén quedaron preparados e con financiamento asegurado novos proxectos para os vindeiros meses, como a intervención en Parte ao Río con renovación de redes e pavimentación, cun investimento de 79.000 euros, ou a reforma da grada do campo de fútbol da Guía, cun orzamento previsto de 260.000 euros.

O portavoz do BNG referiuse tamén á situación política municipal, asegurando que “fronte á débeda de 13 millóns de euros deixada polo PP, o BNG deixa traballo feito, con proxectos redactados e orzamento preparado para seguir mellorando as parroquias”.

Pérez Barral concluíu destacando o apoio recibido por parte da veciñanza, asegurando que “segue confiando nunha maneira de facer política próxima, honesta e a pé de rúa”, un respaldo que, segundo indicou, anima ao Bloque a continuar defendendo as necesidades das parroquias e mantendo o contacto directo coa cidadanía.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.