A AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) celebrou este luns 22 de decembro un novo sorteo semanal da súa Campaña de Nadal 2025-26 no que se repartiron 1.000 euros en premios e 10 entradas para a pista de xeo habilitada no porto de Santa Uxía pola asociación.

Nesta ocasión, o número de tickets rexistrados ascendeu a 3.671, unha cifra que en palabras da asociación “reflicte o continuo incremento da participación cidadá e o apoio da veciñanza ao comercio local durante estas datas especiais”.
• 1 vale de 200 €
Rosa María González Folgar – Lolita Moda
• 3 vales de 100 €
Pura García Domínguez – El Palacio del Bebé
Eliana Fernández Castro – Confitería Dominga
Rubén Sampedro Sampedro – Xade Complementos
• 10 vales de 50 €
Que tocaron en los establecementos: Marfil, Black Estévez, Atleet, Tiendas Pillados, O Capricho, Rovi, Os Nenos, Gena´s, Joyería Nespereira, Federópticos Filgueira Martínez
• 10 entradas dobles para la pista de hielo de Ribeira
Que tocaron nos establecementos: Sportbike, Heartbeat, Electrodomésticos Sampedro, Floristerrae, Xamonería Nordeste, Podoloxía Santa Uxía, Ribalá, Decorlux, Zapatería Chaira, Rule´s.
Desde a Asociación agradeceron novamente “a implicación tanto dos clientes como dos establecementos participantes”, e recalcaron “a importancia de iniciativas deste tipo para fomentar o consumo local e dinamizar a economía da vila durante o Nadal”.



