O día de Noiteboa Galicia irá quedando ao longo do día de Noiteboa baixo a influencia das altas presións, cunha circulación de nordés. Con esta situación, espéranse ceos con maior presenza de nubes canto máis ao norte da comunidade.
As temperaturas manteranse sen cambios significativos, mentres que os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral noroeste. (5 graos e mínima e 15 de máxima).

Día de Nadal : O día de Nadal estará marcado polo predominio da influencia anticiclónica, aínda que cunha fronte achegándose nas últimas horas da xornada. Deste xeito, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco ocasiona.
Xa durante a noite, prevese a aparición de chuvascos illados na comarca, que poderán ser de neve por riba dos 600 metros de altitude. As temperaturas experimentarán un descenso xeral, máis acusado nas máximas, mentres que os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral noroeste. (4 graos de mínima e 7/10 graos de máxima).

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.



