Noia contará con luz máis sostíbel, rendíbel e eficiente nas súas festas

01 Decembro 2025

O Concello de Noia vén de adxudicar a iluminación ornamental do Nadal, San Marcos e San Bartolomeu para os vindeiros 2 anos por 55.000€ anuais.

Segundo informaron dende o Goberno local isto implica o vindeiro remate dos contratos irregulares e un aforro económico importante para as arcas municipais, ao que se engade unha mellor e máis eficaz iluminación das diferentes contornas da vila e o concello e unha mellor planificación das campañas festivas.

“Poñemos orde na contratación, cumprimos coa legalidade e melloramos o servizo para toda a cidadanía”, destacou o concelleiro de Facenda, Manolo Seijas.




Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.