Nadal con nubes e claros e chuvia cara o serán. Baixa da temperatura

24 Decembro 2025

Galicia estará este día de Nadal, Natividade de Xesucristo, baixo o predominio da influencia anticiclónica, aínda que coa chegada dunha fronte nas últimas horas da xornada. Esta situación deixará ceos con intervalos de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco ocasional, máis probable no terzo norte do territorio.

Xa pola noite, as precipitacións estenderanse á metade oeste, podendo ser en forma de neve por riba dos 500-600 metros de altitude. As temperaturas experimentarán un descenso xeneralizado, máis acusado nas máximas(3 graos a 12). Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico.

meteogalici

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do sur á noite, forza 5 a 7 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.