Muros celebra o 20 de decembro a súa II Gala do Deporte

08 Decembro 2025

O Concello de Muros celebra o sábado 20 de decembro a súa II Gala do Deporte no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil (18:00 horas).

Será de novo un recoñecemento colectivo para o traballo que realizan a diario os clubs e deportistas de Muros, “unha gala á que convidamos a toda a veciñanza”, informou o Goberno local, que xa abriu o pasado xoves 4 a votación popular a través da web municipal (muros.gal) para o premio Especial da Veciñanza.

“Quedan aínda uns días pero a xente está desexando que chegue a gala tras o éxito da celebrada o ano pasado. Hai moitas persoas e entidades vencelladas ao deporte que merecen un recoñecemento”, comentou a alcaldesa, María Lago.

O concelleiro de Deportes, Damián Torea, destacou tamén “a gran receptividade que tivo de novo a gala entre o deporte local”. “O acto do día 20 será unha festa chea de momentos emotivos e sorpresas”, engadiu.

Entregaranse tres tipos de galardóns diferenciados: premios deportivos anuais, recoñecementos aos méritos conseguidos e mencións especiais.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.