Mercar na praza de abastos da Pobra ten premio nas festas de Nadal

17 Decembro 2025

A Pobra reparte 1.200 Caramiñas entre a clientela da praza de abastos para comprar as ceas de Nadal no mercado

Mercar na praza de abastos da Pobra do Caramiñal ten premio. Sete persoas resultaron agraciadas no primeiro dos sorteos postos en marcha pola Concellería de Promoción Económica para fomentar o consumo no mercado municipal durante as festas do Nadal.

A concelleira da área, Amparo Cerecedo, foi a encargada de facer entrega dos vales ás persoas gañadoras. En total, repartíronse bonos por un valor de 1.200 Caramiñas, distribuídas nun primeiro premio de 400, dous segundos de 200 e catro terceiros de 100. Estes vales poderán utilizarse ata o mércores, 24 de decembro, para a compra de produtos destinados ás ceas de Nadal na propia praza de abastos.

O primeiro premio foi para Ramón Otero; os dous segundos recaeron en José Ramón Paz e Juana Domínguez; mentres que os terceiros premios foron para Ramón María Pérez, Carmela Barreiro, Cristina Ventura e Montserrat Fernández. Unha clienta da praza exerceu de man inocente durante o sorteo.

A campaña continúa en marcha ata este sábado, 20 de decembro. Ata esa data, os comerciantes da praza entregarán un boleto por cada 10 euros de compra. As persoas consumidoras deberán cubrilo cos seus datos persoais e depositalo nas urnas habilitadas nas instalacións do mercado.

O segundo sorteo celebrarase o luns, 22 de decembro, ás 12.00 horas, no propio mercado municipal. Os premios serán os mesmos que na primeira rifa, aínda que nesta ocasión os vales de Caramiñas deberán empregarse ata o 31 de decembro para a compra dos produtos das ceas de Noitevella.

Esta iniciativa forma parte da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas, coa que o Concello persegue un dobre obxectivo: “non só poñer en valor e dar a coñecer a variedade de negocios da Praza de Abastos, senón tamén impulsar as compras durante as festas de Nadal”, explicou Amparo Cerecedo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...