Durante a xornada do martes, continuaremos baixo a influencia dunha baixa situada ao norte da comunidade. Esta situación deixará ceos con intervalos nubrados e posibilidade de chuvascos, que serán máis probables nas zonas do norte.
A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros de altitude. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás xornadas anteriores(5 a 12 graos). Os ventos soprarán de compoñente norte, en xeral frouxos, aínda que con intervalos moderados no litoral noroeste.
Noiteboa e Nadal con nubes e claros e chuvascos no serán do 25.

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.



