Martes 2, inestabilidade, chuvascos e neve en cotas medias do interior

01 Decembro 2025

Activada para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego

Galicia vivirá este martes 2, unha xornada marcada pola forte inestabilidade atmosférica, consecuencia da chegada dunha circulación do noroeste que arrastrará aire frío desde latitudes superiores. Esta situación deixará chuvascos xeneralizados ao longo de todo o día, algúns deles acompañados de treboada e saraiba, especialmente nas áreas máis expostas ao vento.

A cota de neve situarase entre os 900 e os 1000 metros, polo que as precipitacións poderán ser en forma de neve nas zonas de montaña.

No tocante ás temperaturas, as mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán de maneira moderada debido ao aire frío en altura.(5 a 12 graos).

Os ventos soprarán do oeste-noroeste, con intensidade moderada no interior e forte no litoral, onde se poden rexistrar refachos significativos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 6 á mañá e á noite e 5 a 7 á tarde. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5 metros á mañá e 5 a 5.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.