Activada para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego

01 Decembro 2025

Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeiras horas de mañá no noroeste e oeste da provincia da Coruña, ampliándose a media mañá ao suroeste da costa coruñesa e aos litorais de Pontevedra e Lugo.  Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros.

Para a xornada do martes, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou suspensións de actividade deportiva Xogade e federada no mar en catro zonas diferentes pola alerta laranxa por costeiros. Nos concellos do oeste da Coruña (Costa da Morte) entre as 03,00 horas do martes e as 15,00 horas do mércores. Nos concellos do noroeste da Coruña entre as 06,00 horas do martes e as 15,00 horas do mércores. Nos concellos do suroeste da Coruña e Rías Baixas entre as 12,00 horas do martes e as 09,00 horas do mércores. E nos concellos da Mariña Lucense entre as 12,00 horas do martes e as 12,00 horas do mércores.

Cómpre lembrar que, segundo as previsións dos órganos preditores a actividade deportiva Xogade e federada está tamén suspendida hoxe nos concellos do litoral da Costa da Morte, entre as 12,00 e as 18,00 horas.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.