Mar e a Policía Nacional reforzarán a loita contra as actividades ilícitas no ámbito mariño

17 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este mércores 17 de decembro unha reunión con mandos da Policía Nacional co obxectivo de afondar na colaboración e coordinación entre administracións na loita contra as actividades ilícitas vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro. No encontro, abordáronse vías para reforzar a cooperación operativa entre os distintos corpos, co fin de mellorar a eficacia das actuacións no mar e no litoral.

A conselleira puxo en valor “o traballo conxunto que Gardacostas de Galicia mantén coa Policía Nacional e co resto das forzas e corpos de seguridade do Estado”, destacando que “esta coordinación resulta esencial para facer fronte a actividades ilegais complexas que afectan tanto á protección dos recursos mariños como á seguridade e á legalidade no ámbito marítimo”.

Villaverde subliñou que Galicia conta cun modelo de actuación baseado na cooperación institucional, no que cada corpo actúa no marco das súas competencias, pero co obxectivo común de “garantir un uso ordenado, sostible e legal do mar”. Neste senso, sinalou “a importancia de seguir afondando en mecanismos de coordinación que permitan optimizar os recursos dispoñibles e reforzar a resposta fronte a prácticas ilícitas”.

A titular de Mar reiterou o compromiso da Xunta de seguir fortalecendo esta colaboración, convencida de que o traballo coordinado entre Gardacostas, Policía Nacional e outros organismos é clave para a defensa do sector marítimo-pesqueiro, a protección do medio mariño e a seguridade da cidadanía.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...