O Concello de Boiro celebra esta fin de semana a XXI exposición da Camelia Sasanqua e outras, unha cita que acolle no local multiusos do Mercado Municipal a unha trintena de expositores de toda Galicia, Asturias e tamén Portugal. O alcalde, José Ramón Romero, participou na inauguración da mostra xunto coa concelleira de Turismo, María Outeiral.

“Esta cita coa camelia está máis que consolidada no noso municipio e reúne a camelistas de toda a comunidade e tamén de Asturias e Portugal, o que é para nós unha honra”, afirmou o alcalde durante o acto inaugural, no que tamén estiveron o concelleiro de turismo do municipio portugués de Celorico de Basto, José Sousa; o tenente de alcalde de Luarca, Jesús Fernández; e a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira.

A mostra o sábado está aberta en horario de tarde ata as 20.00 horas e o domingo en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. Ademais, o domingo haberá unha exhibición da agrupación de Palilleira Revoloteir@as, que estarán de 11.30 a 13.30 horas; e pola tarde o espectáculo C@nto contigo de Paco Nogueiras para público familiar.

Durante toda a fin de semana poderase ver tamén no local multiusos do Mercado Municipal unha exposición de Rosa Crespo Pintando y disfrutando entre camelias e postos de artesanía de Artesanía Mosaico en Caços de Portugal, Orfebrería Hedra de Vilaboa, e Flor de Camelia-Licores de Camelia de Portugal.




