Iniciase a semana baixo a influencia das altas presións, polo que predominará a estabilidade atmosférica. Espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con entrada de nubes baixas ao final do día.
Durante as primeiras horas rexistraranse néboas matinais nos vales do interior, que poderán ser localmente persistentes. As temperaturas manteranse sen cambios significativos, con presenza de xeadas no interior( 4 graos de mínima e 15-18 de máxima). O vento soprará frouxo, de dirección variable.

O noso mar: Vento variable, forza 1 a 3. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.



