A xornada do luns virá marcada pola influencia das baixas presión. Esta situación meteorolóxica deixará ceos con alternancia de nubes e claros, así como a posibilidade de chuvascos illados e ocasionais, que poderán ir acompañados de treboadas de forma puntual.
As temperaturas rexistrarán un lixeiro a moderado ascenso, un aumento que será máis acusado nas temperaturas máximas( 3 graos de mínima e 12 de máxima). A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros, polo que non se descartan precipitacións en forma de neve nas zonas de montaña.
No que respecta ao vento, soprará do oeste-norooeste con intensidade moderada en xeral, aínda que se prevén refachos fortes no litoral galego, especialmente nas zonas costeiras máis expostas.

PROGNÓSTCIO A QUINCE DIAS:

O noso mar: Vento do noroeste, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 5 a 6 á tarde. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.



