Luns 15, iniciase a semana coa chegada dunha fronte fría activa e chuvias xeneralizadas

14 Decembro 2025

Precipitacións persistentes localmente fortes na costa.

A semana comezará en Galicia coa chegada dunha fronte fría bastante activa. As precipitacións iniciaranse durante a mañá polo oeste e iranse estendendo ao resto da Comunidade ao longo das horas centrais do día. As chuvias poderán ser localmente fortes na franxa atlántica e, xa pola noite, quedarán en forma de chuvascos máis intensos no norte.

Nos cumios máis elevados, as precipitacións poderán caer en forma de neve. As temperaturas mínimas rexistrarán un moderado ascenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso.

Os ventos soprarán de compoñente sur ao comezo da xornada, con intervalos fortes no litoral, para virar a compoñente norte pola tarde, aumentando a súa intensidade cara ao final do día, especialmente na costa.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 5 a 7 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Media vaga á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.