Gardacostas incorporará dúas patrulleiras e 12 vehículos “pick-up” para a vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo

26 Decembro 2025

O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, incorporará dúas novas patrulleiras e doce vehículos todo-terreo pick up á súa frota para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. A Xunta publicou este 26 de decembro, na Plataforma de Contratación, o prego de prescricións técnicas, cuxa base de licitación se sitúa nos 453.750 euros. Co-financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), estas incorporacións permiten avanzar no proceso de modernización da frota iniciada no ano 2018, e que xa supuxo a renovación de arredor dunha vintena de unidades que están distribuídas entre as bases que o organismo ten na costa galega e nas instalacións centrais.

Dende a Consellería din que “Galicia é a única comunidade autónoma que conta cun servizo como o de Gardacostas, por iso, no 2026, a Xunta dedicará 18,2 millóns de euros a manter as prestacións e calidade do labor que realizan durante todos os días do ano”.

Este departamento dispón dun equipo humano de alta especialización técnica, composto por 144 efectivos, repartidos entre os servizos principais de Santiago de Compostela, e as nove bases operativas, situadas en Celeiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo.

Nos últimos anos, reforzouse tamén a área de Inspección Veterinaria, ata acadar un corpo de 23 profesionais para mellorar a rastrexabilidade co control dos produtos que chegan ao mercado. A Consellería tamén subvenciona os vixilantes que son contratados directamente polas confrarías.

En canto aos medios técnicos dos que dispón na actualidade, estes divídense en: navais (4 buques multipropósito, 9 patrulleiras e 11 unidades de planadoras semirríxidas), aéreos (helicópteros Pesca 1, con base en Vigo; e Pesca 2, con base en Celeiro) e terrestres (69 vehículos, 4 camionetas, 2 camións e 3 naves nas bases de Tragove, Sada e Celeiro).

30 anos salvando vidas

Durante os seus máis de 30 anos de historia, Gardacostas salvou a vida de máis de 1.800 persoas, facendo fronte ademais á contaminación, á protección da contorna mariña e á loita contra o furtivismo. 

Ao longo deste ano, este servizo autonómico atendeu 140 emerxencias, das que 90 foron SAR, é dicir, de busca e salvamento marítimo, e 50 de loita contra a contaminación mariña. Polo que respecta ás inspeccións, as operacións realizadas ascenden a 97.000.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.