Esteban Ares e Silvia Agrafojo entregan a Isabel González o premio do concurso “Abrígate baixo o paraugas do bo trato”

29 Decembro 2025

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, veñen de entregar a Isabel González o premio da campaña de sensibilización Abrígate baixo o paraugas do bo trato, organizada polo Concello de Lousame co gallo da conmemoración do 25N e financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.

Isabel González foi a agraciada no sorteo realizado o pasado 12 de decembro, polo que levará unha cea para catro persoas nun restaurante de Lousame. Para conseguilo, González compartiu nas súa redes sociais unha fotografía súa cun paraugas baixo o cancelo #abrigatenobotrato, de acordo ao indicado nas bases da campaña, desenvolta entre o 25 de novembro e o 7 de decembro nas redes sociais.

Un sorteo no que tamén foron agraciadas outras dúas veciñas, Rosana Nieto Figueira e Mery Escarlata, que levaron cadanseu vale de 50 euros para gastar nunha ferraxería local. Así mesmo, o Grupo I dos Obradoiros da Memoria do Sanguiñal (Tállara) e o alumnado de Infantil do CPI Cernadas de Castro recibirán cadanseu vale de 50 euros para gastar en farmacias lousamiás.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...