O venres 5 continuaresmos baixo a influencia das baixas presións, situadas ao oeste de Irlanda, e coa chegada dun río atmosférico que achegará unha gran cantidade de humidade. Esta situación deixará ceos moi nubrados e chuvias abondosas, que serán máis persistentes e intensas a partir da noite do venres e durante a madrugada do sábado.
As temperaturas experimentarán un ascenso, especialmente as máximas, tanto nas Rías Baixas como en Santiago, favorecendo unha xornada máis suave pese ás precipitacións. (9 e 16 graos)
O vento soprarán do suroeste con forza no litoral e nas zonas altas, mentres que no resto do territorio será de intensidade moderada.

O noso mar; Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.



