Esta “finde” celébrase a X edición do Torneo de Nadal Concello de Boiro

05 Decembro 2025

Esta fin de semana, entre este venres 5 de decembro e o domingo 7, vaise celebrar nas instalacións do club Barbanza Golf a X edición do Torneo de Nadal Concello de Boiro.

Será nas instalacións de Barbanza Golf (Reitoral de Macenda, Boiro). Haberá 1.500 euros en premios. Establécense as seguintes quendas: venres 5 de decembro ás 15.30 horas, sábado 6 ás 11h e ás 15.30 horas e domingo 7 ás 10.00 horas.

Máis información en golfdirecto.com, no correo barbanzagolf@gmail.com ou por Wahtsapp chamando ao 651 172 945.

O domingo 7 a partir das 15.30 horas entregaranse os premios e acompañaranse con sorteos de agasallos e pinchos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.