Ero Doce e Sandra González impuxéronse na SinSon 10K, con Abel Vila e Laura Vila como corredores locais máis destacados

22 Decembro 2025

Finalmente celebrouse esta pasada fin de semana a carreira Sin-Son 10K 2025 (Porto do Son), que volveu nesta 14ª edición baixo o lema Corremos mirando ao mar da man do Concello sonense.

A carreira absoluta reuniu este domingo 21 de decembro e na xornada escolar previa do sábado 20 a máis de 2.100 persoas entre todas as modalidades e incluíuse no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

Ambas as xornadas tiveron unha protagonista indiscutíbel: a chuvia. Con todo, o mal tempo non impediu unha exhibición deportiva impecábel por parte de corredoras e corredores procedentes de toda a xeografía galega e estatal.

Respecto da carreira absoluta do domingo (10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son), o vencedor na modalidade masculina foi Ero Doce, do Club Atletismo Narón, cun tempo de 28 minutos e 45 segundos, seguido a algo máis de medio minuto por David de la Fuente e Adrián Ben (padriño da proba), a 42 segundos do primeiro.

Na modalidade feminina, a vencedora foi Sandra González cun tempo de 35 minutos e 13 segundos, seguida a 16 segundos por Lamyae Himi, e a 24 segundos por Sabela Martínez.

O alcalde Luis Oujo e o concelleiro Carlos Lorenzo louvaron o papel despregado polos/as gañadores/as e tiveron tamén palabras de felicitación para os locais Abel Vila e Laura Vila, que foron os corredores máis destacados de Porto do Son con 32 minutos e 50 segundos e 41 minutos e 52 segundos, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.