Domingo 21, inicio do inverno, marcado pola inestabilidade e o descenso das temperaturas

20 Decembro 2025

Este domingo 21, inicio do inverno ás 16 horas e 03 minutos, presentarase cunha xornada de clara inestabilidade atmosférica en boa parte do territorio. Espéranse ceos nubrados con chuvascos illados e ocasionais, que poderán ser localmente treboentos e vir acompañados de sarabia. A cota de neve situarase arredor dos 600 metros de altitude.

As temperaturas experimentarán un novo descenso, con posibilidade de xeadas nas zonas do interior( 1graos de mínima e 7 de máxima). En canto ao vento, soprará do oeste-noroeste, frouxo no interior e moderado no litoral, onde se agardan refachos fortes.

meteogalicia

O noso mar, Vento do oeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 4 a 6 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.