Continuaremos este domingo 14, San Elías e San Juan de la Cruz, baixo a influencia das altas presións, o que deixará unha xornada maioritariamente estable en todo o territorio. As néboas serán protagonistas en comarcas do interior, onde poderán resultar localmente persistentes, especialmente durante as primeiras horas do día.
No resto do país agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que pola tarde irá entrando nebulosidade de tipo medio e alto pola metade oeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con presenza de xeadas nas zonas do interior, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos.
No que respecta ao vento, soprará do sur-suroeste, frouxo en xeral, aumentando a moderado ao final da xornada. Na zona de Fisterra poderán rexistrarse refachos fortes nas últimas horas do día.

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á noite e 2.5 a 3.5 metros á tarde.



