Comisados máis de 31 quilos de marisco nun operativo contra o furtivismo en praias de Boiro

23 Decembro 2025

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), en colaboración coa Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz, comisou 31,40 quilos de ameixa e berberecho, así como diverso material empregado para o furtivismo, no marco dun operativo conxunto de prevención levado a cabo o pasado 18 de decembro nas praias do concello coruñés de Boiro.

Como resultado da actuación, os axentes identificaron nove persoas, inspeccionaron un vehículo e tramitaron un total de 13 actas de sanción. Oito delas foron por infracción da Lei de Pesca de Galicia, mentres que as cinco restantes corresponderon a infraccións da Lei Orgánica 4/2015 de protección da seguridade cidadá.

O marisco incautado foi devolto ao seu medio natural e resementado no mesmo lugar no que fora extraído, seguindo os protocolos establecidos para garantir a conservación dos recursos mariños.

Este operativo enmárcase no reforzo dos dispositivos impulsados pola Unidade de Policía Adscrita, en colaboración coa Consellería do Mar e as confrarías de pescadores, para intensificar a loita contra o furtivismo e protexer os recursos mariños afectados por esta práctica ilegal. Os controis céntranse tanto en impedir a extracción ilegal como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...