As campanadas dorneiras anticipadas de Ribeira celebraranse coas tradicionais doce ameixas

30 Decembro 2025

A Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira celebrará un ano máis as súas tradicionais campanadas dorneiras anticipadas, coas que despedirá o ano 2025 e dará a benvida ao Ano Novo 2026. A cita terá lugar na mañá do 31 de decembro e volverá converterse nun dos actos máis singulares e populares destas datas no municipio.

O acto central dará comezo ás 11.27 horas na Praza Porta do Sol e no adro da igrexa, co obxectivo de facilitar a asistencia do público. Está previsto que, cando cheguen as doce do mediodía, soen as campás do templo parroquial de Santa Uxía, momento no que as persoas asistentes poderán tomar as tradicionais doce ameixas, que nesta edición serán doadas pola empresa Basóns Mar.

Desde a organización explican que, nesta ocasión, non será posible contar co produto habitual desde a primeira edición, os berberechos, debido á imposibilidade de conseguilos. A Confraría agradeceu a colaboración da empresa doadora, que permite manter viva unha tradición xa consolidada.

Como en edicións anteriores, o evento contará tamén con animación musical a cargo do grupo Los Bugis, integrado por Martín Silva, Abdón Santos e Martín Basoco, que ofrecerán un repertorio baseado en rumbas, cumbias, merengues, rock e versións de éxitos nacionais e internacionais adaptados ao seu estilo.

Ademais do carácter festivo, a Real e Ilustre Confraría da Dorna aproveitará a ocasión para reivindicar a recuperación do festivo local do 24 de xullo, data na que se celebra o Día da Dorna, e que consideran clave para a identidade cultural e social de Ribeira.

As campanadas dorneiras anticipadas volverán así converterse nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, combinando tradición, humor e música para despedir o ano dun xeito diferente e participativo.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.