Alfaia celebrará o seu festival de Nadal no 21 de decembro coa participación dun cento de nenos e nenas

19 Decembro 2025

A Asociación Cultural Alfaia celebrará neste domingo, 21 de decembro, ás 19.00 horas, o seu Festival de Nadal no novo Auditorio Municipal de Ribeira. A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que “este Auditorio municipal segue espallando cultura durante esta época máxica do ano e o noso tecido asociativo volve ser o protagonista. Quero agradecer, ademais, a implicación de Alfaia na programación do Nadal, pois o Belén Vivinte do 5 de xaneiro está co-organizado por esta entidade. Unha asociación que destaca polo seu dinamismo como se constata noutras datas significativas como, por exemplo, o Samaín”.

Un cento de nenos e nenas da entidade representarán numerosos bailes de diversos xéneros musicais durante a duración deste evento, que se estima nunha hora, como apuntou Carmen Pena, profesora de baile e directiva de Alfaia, quen tamén sinalou que se repartiron entradas entre as familias da rapazada participante, se ben aínda quedan asentos. O acceso é gratuíto ata completar aforo e a apertura de portas será media hora antes do inicio do festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.