ADISBISMUR organiza este domingo 21 o XV Festival para compartir cultura, inclusión e convivencia en Muros

16 Decembro 2025

A asociación inclusiva ADISBISMUR de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros organiza o seu XV Festival, unha cita xa consolidada que terá lugar o domingo, 21 de decembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura de Muros.

O festival nace coa vontade de reunir á veciñanza para gozar dunha tarde de lecer e convivencia, ao tempo que se pon en valor o traballo e a creatividade das persoas profesionais e usuarias do centro de atención diúrna de Valadares. O público poderá gozar dun programa variado con actuacións de teatro, música, baile e humor.

A entrada ao evento será un donativo de 5 euros, que permitirá ás persoas asistentes colaborar coa actividade da entidade e apoiar iniciativas que fomentan a inclusión social das persoas con discapacidade.

O XV Festival de ADISBISMUR conta coa colaboración do Concello de Muros e das empresas Eroski, Gadis e Cárnicas H. Pena, que fan posible a celebración deste encontro cultural e social aberto a toda a cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.