A Xunta autoriza a apertura limitada e controlada da campaña da vieira na ría de Arousa tras acordo co sector

15 Decembro 2025

A Consellería do Mar acordou esta tarde a apertura da campaña da vieira na ría de Arousa de xeito limitado e estritamente controlado, atendendo aos criterios científicos e tras un proceso de diálogo e consenso co sector. A extracción autorízase unicamente na zona IV da ría.

A decisión foi adoptada nun encontro no que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, xunto con representantes das confrarías de pescadores de Cambados e Rianxo, así como cos presidentes das federacións provinciais de confrarías de Pontevedra e A Coruña. Ambas confrarías solicitaron formalmente a apertura da campaña, petición que foi analizada á luz da información científica dispoñible e da situación real do recurso.

Como resultado deste proceso, a Consellería do Mar autoriza a extracción de vieira os días 17, 18 e 19 de decembro, cun límite máximo total de 7.500 quilos. Deste volume, 3.000 quilos corresponderán á confraría de Rianxo e 4.500 á de Cambados, establecéndose ademais un tope de 40 quilos por persoa e día.

A actividade quedará restrinxida á zona IV da ría de Arousa e os únicos puntos de descarga autorizados serán os portos de Tragove e Rianxo, co obxectivo de garantir un control efectivo tanto da extracción como da posterior comercialización do produto.

Esta decisión baséase no informe científico elaborado polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), que conclúe que non existe stock suficiente no resto das zonas da ría, polo que recomenda unha extracción puntual, limitada e rigorosamente controlada para asegurar a sustentabilidade do recurso.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro salientou que esta medida responde a un modelo de cogobernanza da xestión pesqueira, no que Xunta e sector traballan de maneira coordinada para compatibilizar a conservación dos recursos coa actividade económica. Neste sentido, subliñou que a decisión adoptada equilibra criterios biolóxicos, sociais e económicos, garantindo a protección da especie e ofrecendo ao sector unha oportunidade responsable nunha campaña marcada pola prudencia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.