A rapazada volve ser a gran protagonista do festival de Nadal de Tahúme este 14 de decembro

13 Decembro 2025

A Escola Tahúme (Olveira, Ribeira) celebrará o seu Festival de Nadal no domingo, 14 de decembro, ás 19.00 horas, no novo
Auditorio Municipal, coa colaboración do Concello de Ribeira. Trátase dunha cita de música, baile e cantos tradicionais na que, ademais de Tahúme, participarán como grupos convidados A Carrabouxa de Teo e Nós de Sobradelo, levando a escena a arredor de 90 nenos e nenas, segundo deron a coñecer a presidenta e vicepresidente da entidade, Manoli Ayaso e Alberto Millán, respectivamente.

Durante a presentación, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que “estas datas son para celebrar e o tecido asociativo do noso municipio organiza festivais cos que dar a coñecer o seu bo facer, reforzando ese vínculo co seu público. Un exemplo é o que presentamos da man de Tahume, un grupo que goza de gran dinamismo no noso concello e que, nuns días, nos farán desfrutar do seu talento no festival de Nadal que organizan. Para o Concello de Ribeira é vital apoiar ás nosas asociacións culturais porque son clave para crear comunidade arredor da nosa idiosincrasia, para achegar o noso baile e a nosa música a máis xente e para converter a Ribeira en exemplo de dinamismo cultural.”

O festival ten duración dunha hora e a entrada é libre ata completar a cabida da instalación municipal, dende media hora antes do inicio do espectáculo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.