Durante esta pasada fin de semana, axentes de garda da Policía Local de Ribeira en tarefas de control preventivo, denunciaron a cinco condutores por infraccións relacionadas co consumo de bebidas alcólicas ao volante.
No balance feito polos axentes indícase que dúas das devanditas cinco persoas foron denunciadas por conducir cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,25 mg/l; afrontando unha sanción económica de 500 euros e 4 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.
Os outros tres foron denunciados tamén por conducir cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,25 mg/l, sobrepasando nesta ocasión os 0,50 mg/l; afrontando con elo unha sanción económica de 1.000 euros e 6 puntos de retirada no crédito do seu permiso de conducir.
A Policía Local de Ribeira, en colaboración coa DXT, lembra que continuará nas vindeiras semanas do Nadal a facer controis preventivos.




