A Pobra premia o labor das persoas voluntarias cun agasallo de Nadal

11 Decembro 2025

O Nadal tamén é para festexar mais tamén para agradecer, así opinan dende A Pobra que vén facer entrega do tradicional agasallo de Nadal, neste caso á rede de voluntarios e voluntarias que colabora, de xeito altruísta, con varios departamentos municipais. Trátase dun labor que o goberno local cualifica de esencial e que, onte (mércores 10 de decembro), se premiou coa entrega deste presente. A dita entrega foi feita polo alcalde, José Carlos Vidal, e pola concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, que agradeceron a súa entrega e dedicación.

Foron 24 os voluntarios e voluntarias que recibiron este agasallo pola súa colaboración cos seguintes departamentos municipais: a Concellería de Servizos Sociais, a Concellería de Benestar Animal (a través da Asociación Protectora de Animais Moura) e a de Seguridade (por medio de

Protección Civil).

Aproveitando o acto de entrega, o rexedor salientou o altruísmo e a dedicación destas persoas voluntarias para seguir traballando a prol de mellorar a vida cotiá da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.