A Garda Civil desmantela en Boiro un centro loxístico de drogas e obxectos roubados nunha antiga escola

23 Decembro 2025

A Garda Civil desmantelou un importante centro loxístico dedicado á distribución de drogas e ao almacenamento de obxectos roubados nunha antiga escola unitaria de Boiro, no marco da denominada operación Parvularios, que se saldou coa detención de tres homes.

A investigación iniciouse no verán de 2025, despois de detectarse un incremento significativo de roubos con forza e furtos en establecementos comerciais, vivendas, alpendres e vehículos na comarca do Barbanza. As primeiras pescudas permitiron comprobar que este repunte delituoso estaba directamente relacionado cun aumento do consumo de estupefacientes na zona.

Garda Civil

Os axentes constataron que os autores de moitos destes roubos se desprazaban de maneira habitual a unha antiga escola municipal abandonada situada no lugar de San Mauro, que estaba ocupada ilegalmente por un home vinculado ao tráfico de drogas a pequena escala. O inmoble era frecuentado por persoas drogodependentes que acudían ao edificio a calquera hora do día.

Segundo a investigación, en numerosos casos os delincuentes entregaban os obxectos subtraídos ao morador da escola a cambio de doses de droga, convertendo o edificio nun punto receptor de efectos roubados e nun foco de inseguridade que xerara unha notable alarma social e múltiples queixas veciñais.

Unha vez recompiladas as probas necesarias, a Garda Civil levou a cabo un rexistro domiciliario autorizado polo Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira. No interior do inmoble interveuse unha importante cantidade de drogas e obxectos, cun valor de mercado que só en estupefacientes supera os 17.885 euros.

En concreto, os axentes incautaron 5.482 doses de marihuana, 914 de haxix, 201 de cocaína tipo crack, 467 de heroína, ademais de doses de cocaína, fungos alucinóxenos e pastillas psicotrópicas. Tamén se interviñeron 2.065 euros en efectivo, en billetes de diverso valor, así como varias básculas de precisión.

Os tres detidos, naturais de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Noia, foron postos á disposición da autoridade xudicial. O xuíz decretou o ingreso en prisión do principal responsable e a liberdade provisional con cargos para os outros dous implicados.

Así mesmo, o Concello de Boiro procedeu ao precinto e tapiado do inmoble para evitar novas ocupacións ilegais e garantir a seguridade da zona.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.