A Deputación apoia con 100.000 euros o servizo de COGAMI para favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade

19 Decembro 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o seu homólogo da confederación COGAMI, o sonense Anxo Queiruga, asinaron este 18 de decembro o convenio de colaboración entre ambas as entidades para co-financiar o proxecto de servizo de intermediación laboral dirixido ás persoas con discapacidade.

O acordo supón unha achega da Deputación de 100.000 euros, o que representa o 21,33 % dun orzamento total de 468.768 euros que será destinado ao desenvolvemento de accións específicas que teñen como obxectivo mellorar a inserción laboral dun colectivo que presenta especiais dificultades no acceso ao mercado de traballo.

O proxecto contempla un conxunto de accións orientadas a incrementar as oportunidades das persoas con discapacidade a través dun servizo especializado que contempla entrevistas ocupacionais individualizadas; información, orientación e asesoramento laboral; intermediación laboral; xestión de ofertas de emprego; accións de mellora da empregabilidade e seguimento das persoas inseridas laboralmente para coñecer a súa evolución na empresa e favorecer a estabilidade.

COGAMI desenvolve estas actuacións cun persoal especializado na materia, xa que a entidade conta cunha ampla traxectoria neste ámbito. Dende o ano 1996 leva impulsando accións específicas de inserción laboral para persoas con discapacidade, rexistrando 37.735 contratacións en Galicia. No que vai de 2025, o programa logrou a inserción laboral de 698 persoas, cun total de 912 contratos.

O presidente provincial puxo en valor “o traballo impulsado dende COGAMI, que resulta fundamental para a inserción social e laboral das persoas con discapacidade” e salientou o compromiso da Deputación “coa igualdade de oportunidades e a inclusión social e laboral co apoio de programas coma este, que son moi importantes á hora de favorecer a integración das persoas con discapacidade no mercado de traballo”.

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, sinalou que “para nós é fundamental o compromiso no tempo da Deputación da Coruña cos servizos que prestamos en COGAMI e no noso movemento asociativo porque melloran a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade. O emprego é fundamental para unha inclusión real”.

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.