Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

11 Novembro 2025

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un particular alertou de que algo estaba a arder nun silo situado xunto a unha nave na zona da Amoreira.

De inmediato, o servizo de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, ao GES de Noia, á Garda Civil e á Policía Local de Porto do Son.

Os equipos de intervención lograron controlar e confinar o lume, que afectou a unha tremoia con serraduras e ao contido do silo. Finalmente, o incendio foi sufocado sen que se producisen feridos nin danos de maior consideración.

Bombeiros Ribeira

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.