Servizos Sociais da Pobra e Amigos de Galicia promoverán con obradoiros formativos o emprego das TIC entre os maiores

04 Novembro 2025

A Concellería de Servizos Sociais da Pobra e a Fundación Amigos de Galicia celebrarán este mes de novembro un programa formativo co obxectivo de promover o emprego das novas tecnoloxías entre os máis maiores do municipio. Así o confirmou ese martes 4 de novembro a concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, que animou á veciñanza a sumarse a estas accións formativas “nas que aprenderán a usar o teléfono móbil e, sobre todo, sacar proveito deles para o seu día a día”.

As sesións levaranse a cabo no Centro Sociocomunitario os luns 10, 17 e 24 de novembro en horario de 10.00 a 12.30 horas. En canto aos contidos, ao longo das actividades abordaranse cuestións como o uso de caixeiros automáticos e as máquinas de quendas, o emprego do teléfono móbil ou smartphone e da aplicación móbil do SERGAS/Chave 365.

As inscricións están xa dispoñíbeis, e as persoas interesadas poderán tramitar as súas solicitudes tanto no propio Centro Sociocomunitario como no departamento de Servizos Sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.