Sábado 22, posibilidade con chuvias e vento do suroeste

21 Novembro 2025

Este sábado 22, Santa Icía, achegase inestabilidade atmosférica. Os ceos estarán moi nubrados en xeral e as chuvias comezarán pola mañá no litoral noroeste, para ir estendéndose progresivamente ao resto da comunidade ao longo da noite.

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás xornadas anteriores( 4 de mínimas e 13 graos de máxima). Pola súa parte, os ventos do suroeste soprarán moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral norte, onde se agarda maior intensidade.

Esta situación marca o inicio dun episodio de tempo húmido e ventoso que condicionará a actividade ao aire libre e a circulación viaria en varias zonas do país.

meteogalicia

Domingo siguen os chuvascos e ventos forte con suba térmica.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Domingo 11, ceo cuberto con chuvias febles aumentando co día

O domingo unha fronte activa irase achegando ás Rías Baixas, intensificando a circulación de suroeste, e prevese que entre polo litoral occidental durante a noite. Ao longo do día, os ceos permanecerán moi nubrados tanto nas Rías Baixas como na comarca de Santiago,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.