Ribeira festexa Santa Icía cun ciclo de concertos

17 Novembro 2025

O 22 de novembro festéxase Santa Icía, patroa da música e dos profesionais que practican esta arte. Para enxalzar esta data, a Concellería de Cultura de Ribeira, xunto coas corais polifónicas de Santa Uxía e do Mercantil, organizan un ciclo de concertos que se desenvolverán no interior da igrexa parroquial, polo que tamén se conta coa colaboración da Unidade Pastoral de Ribeira (UPA). A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, na compaña de Alexandre Fontán, director da Coral Polifónica Municipal de Ribeira, e de Antonio Fernández e José Manuel Parada, coñecido como Suco, director e secretario da Coral Polifónica do Círculo Mercantil, foron os encargados de dar conta dos detalles desta cita.

“A música protagonizará a axenda cultural desta fin de semana na que acompañaremos a parte dos nosos músicos que festexan á súa patroa. Teremos a ocasión de desfrutar do talento local, do bo facer de tódolos integrantes das dúas corais polifónicas. E farémolo nun espazo de relevancia como é a igrexa coas súas particularidades acústicas. Quero agradecer, polo tanto, tamén a colaboración da UPA de Ribeira e do párroco don Alfonso Mera por permitir que o templo acolla citas culturais como pasou recentemente coa lectura dramatizada de Don Juan Tenorio e como adoita facerse no Nadal co concerto de confraternidade que tamén protagonizarán ambas corais”, en palabras da edil.

A Coral Polifónica Municipal de Ribeira actuará no venres, 21 de novembro, ás 20.00 horas, como indicou o seu director Alexandre Fontán, baixo o nome de Cántica Sacra II, con trece temas no repertorio, que se diferenciará en dúas partes: cantos á Virxe e contido máis variado. Deste xeito, soarán temas do ano pasado, xunto con novas incorporacións.

Ave María, As catro antífonas marianas, Miserere, Christus Vincit ou Himno a Santa Icía son algunhas das propostas musicais. “É un importante salto cualitativo e de valor cultural”, destacou.

E, como sinalou Antonio Fernández, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira fará o propio no sábado, 22 de novembro, ás 20.30 horas, con seis temas como Viento del norte, Peregrino, El mar y Dios ou Salve Rociera.

A entrada a ambos concertos é libre ata completar a cabida do templo relixioso.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.