Oitenta e unha empresas de Muros recibiron axudas do PEL da Deputación para mellorar a súa actividade e contratar persoal

27 Novembro 2025

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente da Deputación da Coruña visitou este 27 de novembro en Esteiro (Muros) a empresa local Galuriña para coñecer de primeira man a súa actividade e destacar o apoio da institución ás pequenas empresas a través do Plan de Emprego Local (PEL).

Galuriña, especializada en produtos de alimentación elaborados a partir de algas mariñas, produce empanadas e pizzas ecolóxicas que combinan tradición e innovación. A empresa vén de ser distinguida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co premio honorífico de Excelencia á innovación para mulleres rurais na categoría de actividade pesqueira e acuícola.

Segundo explicou a responsábel da empresa, Mari Carmen Sánchez, Galuriña recolle algas autóctonas da ría de Muros‑Noia, que procesan artesanalmente para elaborar masas sen aditivos nin conservantes, incorporando pescados, mariscos e opcións vexetarianas ou veganas. Este enfoque permite ofrecer produtos de alta calidade, respectuosos co medio ambiente e co territorio.

“Galuriña é un claro exemplo de como a innovación e a aposta polo produto local poden converter un pequeno proxecto emprendedor nun referente de calidade e sustentabilidade no sector agroalimentario”, destacou a deputada.

Rosa Ana García apuntou que Galuriña é unha das 81 empresas de Muros que se beneficiaron das axudas do PEL desde a súa creación para impulsar e modernizar a súa actividade, unhas axudas que ao longo da provincia xa alcanzaron a máis de 7.000 empresas.

Aberto o prazo de solicitudes do PEL 2026

Durante a visita, na que estivo tamén o concelleiro de Xuventude de Muros Damián Torea, a deputada lembrou que actualmente está aberto o prazo de solicitude das diferentes liñas de axudas PEL 2026, dotadas cun orzamento total 8,6 millóns de euros.

O programa ofrece axudas de ata 48.900 euros para a contratación de persoal, a realización de investimentos de mellora nas pequenas empresas, o pagamento da cota de autónomos e, como novidade para o vindeiro ano, tamén permite cubrir os gastos do alugueiro de locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.