O PSOE de Rianxo reclama “estabilidade” e “un plan de dinamización” para a Biblioteca Municipal

07 Novembro 2025

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo emitiu un comunicado no que denuncia “a nova semana de peche da Biblioteca Municipal, un servizo que leva tempo sen continuidade nin estabilidade, xerando un crecente malestar entre os veciños e veciñas”, sinalan, engadindo que a biblioteca “debera ser un espazo fundamental para o acceso á cultura, pero permanece pechada de maneira intermitente, e dende hai meses non se permite a retirada de novos libros, limitándose unicamente á devolución daqueles exemplares recollidos hai tempo”.

Esta situación, di o PSOE local a través do seu voceiro Óscar Rial, “evidencia un servizo desmantelado, afastado da súa función educativa e social”.

Desde o PSOE de Rianxo considérase que “esta falta de estabilidade reflicte a escasa preocupación do Goberno local polo fomento da lectura, un ámbito esencial para o desenvolvemento cultural e persoal da cidadanía”.

Lembran tamén que o rexedor comprometeuse “publicamente” a “inaugurar a nova biblioteca en decembro de 2024, un prazo que, a día de hoxe, se ve cada vez máis inverosímil”.

Engaden que “mentres se privatizan servizos municipais, outros tan importantes como a biblioteca se deixan caer nun abandono progresivo, nun momento en que a lectura debería ser un refuxio e unha ferramenta de igualdade nunha sociedade cada vez máis dixitalizada”.

O PSOE de Rianxo insiste en que “é urxente recuperar a normalidade do servizo, garantir a súa apertura estable e poñer en marcha un plan de dinamización lectora municipal que devolva á biblioteca o papel que merece: un espazo vivo, de encontro, aprendizaxe e participación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.